O West Coast Swing é un baile en parella de orixe norteamericana derivado do Lindy Hop. Báilase en liña (slot, en inglés) e caracterízase pola elasticidade dos movementos e por dar moita marxe á improvisación tanto para a persoa leader como para a follower.